ALÉN DA BLACK LODGE. UN DEBATE SOBRE TWIN PEAKS

Pasamos a primavera e o verán pendentes da televisión, das descargas, das tablets, sempre cos auriculares postos, subindo o volume ao máximo, como Gordon Cole nos ensinou. Vímolo todo, mais apenas percibimos unha parte. Tentamos entrar na Black Lodge sen que ningún psicopompo nos quixese levar dentro. MIKE, en soños, berrábanos “iiiiiiii-lek-trííí-si-ti”, e nós espertábamos crendo que sabiamos, para un segundo despois esquecer todo. Tiñamos que falar. Tiñamos... Ler máis