ALÉN DA BLACK LODGE. UN DEBATE SOBRE TWIN PEAKS

Pasamos a primavera e o verán pendentes da televisión, das descargas, das tablets, sempre cos auriculares postos, subindo o volume ao máximo, como Gordon Cole nos ensinou. Vímolo todo, mais apenas percibimos unha parte. Tentamos entrar na Black Lodge sen que ningún psicopompo nos quixese levar dentro. MIKE, en soños, berrábanos “iiiiiiii-lek-trííí-si-ti”, e nós espertábamos crendo que sabiamos, para un segundo despois esquecer todo. Tiñamos que falar. Tiñamos... Ler máis

A CIDADE NAS SERIES

Hule a cidade Costa Non hai salvación fóra das cidades Félix de Azúa Investigar a cidade é unha forma de examinar os enigmas do mundo e a nosa existencia Ian Chambers Inicio: cine e cidade Escribía Stephan Barber: “O cine comezou cunha dispersión de espectros xesticulantes, de corpos humanos transitando as rúas da cidade enmarcados por perfís de pontes, hoteis e almacéns, baixo ceos industriais contaminados. A faísca incendiaria que inaugurou a imaxe fílmica -propagándose... Ler máis

GUÍA DE COMPLEJOS, de José Luis Molinuevo

As series de televisión son un útil comodín nas conversas diarias. Algo así coma o tempo meteorolóxico. A ficción televisiva converteuse nun tema recorrente que nos permite establecer contacto seguro e fiable, xa que todo o mundo parece enganchado a unha. É máis, coa xente que habitualmente nunca tivemos nada de que falar, de súpeto, atopamos unha base común nos nosos gustos para manter unha conversa. As series permiten o achegamento e a conexión entre as persoas como... Ler máis