DON’T GO GENTLE: A FILM ABOUT IDLES, de Mark Archer

Comezo este texto con dúas anécdotas persoais, unha máis longa que a outra. A primeira é que recoñezo que a corentena destes últimos meses pilloume cunha lista de filmes que ver moi grande. Clásicos que sempre dis “xa verei” e outros que realmente tiña ganas de ver. Entre todos eles decateime, ao pensar neste texto, que moitos tiñan relación coa música. Especialmente co documental musical. Hai uns anos falaba nesta mesma revista de diferentes tipos de documentais... Ler máis

Número 43

Onde estabas durante o confinamento? Por moitos filmes que visemos sobre un futuro distópico onde unha pandemia asolagaba o planeta, non estabamos preparados para ficar confinados nos nosos fogares. Pasamos por todos os estadíos: do ridículo acopio de papel hixiénico, á febre de facer pan na casa, á nova realidade coas caras tapadas con mascarillas. A imaxe que preside este número, a dos monxes de Le Fantôme de la liberté (Luis Buñuel, 1974), podería ser a escena... Ler máis