INDIELISBOA 2017: A COLLEITA PORTUGUESA

Un ano máis, a competición nacional do Indielisboa e algúns títulos lusos en programas paralelos permiten tomar o pulso a unha cinematografía que se mostra sempre diversa e ben inserida nas tendencias fílmicas actuais. O festival supliu a ausencia na colleita de 2017 dunha película especialmente anovadora cunha serie de propostas que actualizan tradicións do cinema moderno xa codificadas. Así, a ficción de liña máis clara e posiblemente máis elegante de todo o certame... Ler máis

ÚLTIMO CINEMA PORTUGUÉS: EXPERIMENTACIÓN FORMAL E NARRATIVA

Na primeira década deste século, o cinema portugués reinventouse coa aparición de varios novos autores. Este novo descubrimento dun novo cinema saldouse con varias modificacións tanto nos modos de produción como nas escollas temáticas e cinematográficas. Visualmente, o cinema portugués foi, lentamente, transformándose e o panorama actual é, en moitos aspectos, distinto daquilo que era coñecido como cinema portugués. Con todo, non deixa de ser necesario recuar á... Ler máis