COLOSSAL, de Nacho Vigalondo
Producida no 2016, Colossal (Nacho Vigalondo) tardou un ano en conseguir distribución en España a pesar dos máis de 3 millóns de dólares recadados en EUA e de contar cunha estrela do talle de Anne Hathaway entre o elenco. A historia, que combina romance e trazos que lembran a filmes da saga Godzilla, agocha no seu interior unha realidade monstrosa e dura que cómpre dixerir e analizar. Cando Gloria rompe co seu mozo, volver ao fogar da súa infancia semella a mellor opción... Ler máis
O MELLOR DE 2017
El otro lado de la esperanza (Toivon tuolla puolen, Aki Kaurismäki, Finlandia / Alemaña, 2017) – 66 / 11 Estiu 1993 (Carla Simón,España, 2017) – 64 / 9 El sacrificio de un ciervo sagrado (The Killing of a Sacred Deer, Yorgos Lanthimos, Reino Unido / Irlanda / EUA, 2017) – 35 / 5 En la playa sola de noche (밤의 해변에서 혼자, Hong Sang-soo, Corea do Sur / Alemaña, 2017) – 29 / 4 Detroit (Kathryn Bigelow, EUA, 2017) – 26 / 5 Colossal... Ler máis
SAN SEBASTIÁN 2016 (III): RESUMO E CRÓNICA FINAL (1/2)
Asistir por quinta vez consecutiva a un festival implica coñecer de antemán os mecanismos do mesmo. Xa non resulta ningún secreto que o único certame nacional de Categoría A, en cuxa programación se dan cita tantos acertos coma sensabores, acomodouse nunha liña que lle permite repetir cada mes de setembro unha tónica coñecida de sobra polos seus asiduos: algunha das mellores películas do ano rebotadas doutros festivais –principalmente Cannes-, os descubrimentos puntuais... Ler máis