A CIDADE NO NOVO DOCUMENTAL CHINÉS: MODERNIDADE DIXITAL

A primeira nova que tivemos en Europa de que algo se estaba a mover nos anos 90 no documental chinés foi se cadra a partires do premio acadado por No. 16 Barkhor South Street (Duan Jinchuan, 1996) no prestixioso festival Cinéma du Réel. A irrupción deste filme en Occidente foi só “a punta visible dun poderoso iceberg cuxa violenta deriva viría a conmocionar as supostamente ben cartografadas augas da produción documental dos 90”1. En esencia, cando nós xa estabamos... Ler máis

POR QUE PROGRAMAR ‘BUMMING IN BEIJING’: UNHA INTRODUCIÓN AO NOVO DOCUMENTAL CHINÉS

A historia de como chega a programarse Bumming in Beijing: The Last Dreamers é a dun descubrimento involuntario que provén do ciclo sobre a representación da cidade no cinema, que o Cineclube de Compostela está a pasar agora mesmo. Cando nos chegou o convite para programar unha sesión, pensamos que o lóxico era dialogar coas liñas xa existentes e responder cun conxunto de artigos a este tema tan suxerinte. A sesión tamén iría por aí. No meu afán por estudar a plasmación... Ler máis