CAFÉ SOCIETY, de Woody Allen

O cinema de Woody Allen leva nos últimos anos caracterizándose por unha continua revisión. Recordemos que Match Point (2005) non era senón unha volta con transfundo londiniense á trama e conflitos de Delitos y faltas (1989), ou que Si la cosa funciona (2009) contaba cun argumento moi similar ao de Poderosa Afrodita (1995) coa vea cómica de Larry David. O seu último filme, Café Society, toma prestado de Días de radio (1987) a súa coidada ambientación histórica e chiscadelas... Ler máis

Bill Douglas: Filmar sobre a memoria

Entre 1972 e 1978 o cineasta escocés Bill Douglas asina unha triloxía sobre a infancia composta por tres filmes de importante carga autobiográfica que se moven nos lindes da imaxinación, a memoria e o realismo. My Chilhood (1972), My Ain Folk (1973) e My Way Home (1978) compoñen unha obra de extraordinario rigor formal que, a través de pequenas escenas do cotiá de Jamie, alter-ego do propio Douglas, nos achega á primeira etapa vital do cineasta, desenvolvida na máis... Ler máis