Tralas luces, de Sandra Sánchez

“A vida habería que vivila dúas veces, para non cometer erros”. Quen así fala é Lourdes Machado, protagonista de Tralas Luces, a primeira longametraxe da directora galega Sandra Sánchez. Trátase dun documental que en orixe, como reflicte o propio título, pretendía retratar a vida dos feirantes ambulantes, unha realidade moitas veces estigmatizada e oculta para o común da xente que ateiga as festas e verbenas desfrutando das rutilantes atraccións que estas ofrecen.... Ler máis