MARÍA RUIDO, UNHA OVERLOQUISTA

 Coa entrevista aos seus pais coma epicentro, A memoria interior (2002) abeiraba un seísmo subxectivo, constituínte á vez do biotopo audiovisual de María Ruido (Pidre, Ourense, 1967). Era aí –onde a biografía parte– o tremor dun retroco: a memoria do traballo, o traballo da memoria. Aínda o é, non deixou de selo nunca; ao longo de dez anos, tirada agora ElectroClass do soto de Euskal Telebista (ETB), sucesivas viaxes videográficas teñen repetido –e polo tanto... Ler máis

BELOFF: PANTASMAS FOTOGRÁFICAS DA PSIQUE

Se entendemos a arte como medio para comprender mellor o mundo e a nós mesmos, a neoiorquina Zoe Beloff ocuparía nesa concepción un espazo entre o etéreo e o físico, o espírito e a carne, o universo coñecido e o máis aló. Non debera interpretarse a súa afirmación de que é unha médium, “unha interface entre a vida e a morte, entre o real e o imaxinario”, en clave simplemente esotérica, senón nunha liña poética e mesmo conceptual. Non temos todos algo de tolos?... Ler máis

EL ÚLTIMO EXORCISMO, de Daniel Stamm

Lembro vivamente o momento no que un amigo de outrora confesoume, secretamente, que un dos seus soños era percorrer as rúas e que, de súpeto, a vida se convertse nun musical ao estilo de Grease. Non podía afirmarse que dera indicios de padecer tales fantasías ao dar acubillo nun CD portátil a grande parte da discografía de Metallica, así como por demostrar tan poucas dotes como interese na nobre arte de bailar. Tan sorprendente revelación non só abriu a miña mente... Ler máis