EUGÈNE GREEN: “A ÚNICA ESPERANZA PARA EUROPA É ATOPAR A SÚA ESPIRITUALIDADE”

O autor, fotografado ao estilo dos planos dos seus filmes nunha taberna de Alfama (Lisboa). Eugène Green empezou tarde a facer cinema. Viña do teatro barroco, onde a declamación é esencial, e iso trasladouno ás súas películas dende o principio. A palabra xoga un papel importante xa en Toutes les nuits (2001), primeira da serie que fixo con Adrien Michaux, un actor que a moitos nos recorda ao Jean-Pierre Léaud dos filmes de Truffaut. Pode dicirse que a relación artística... Ler máis

TRUE GRIT, de Joel & Ethan Coen

PISTOLAS ENFUNDADAS ·  “Disfrazada de clasicismo, a súa pescuda xa non é ostentosa e a tensión circula agora polo interior do relato”1. Son as palabras de Carlos Reviriego describindo o cambio de estilo de Paul Thomas Anderson en There Will Be Blood (2007), filme de suma importancia para entender un fenómeno que se está a dar nunha xeración de autores norteamericanos que notan como a súa achega posmoderna torna caduca e volven a súa ollada a modelos máis clásicos... Ler máis