SEFF 2022 (II): As pantasmas do pasado

Le mur des morts (Eugène Green, 2022) A segunda xornada no Festival de Sevilla levábanos con grande expectación ao reencontro con Eugène Green. Un acude a cada traballo do director de Toutes les nuits (2001) como quen vai visitar un vello amigo, sabedor de que atopará un motivo de alegría, pero tamén algo temoroso por todo aquilo que o paso do tempo puido mudar, por mínimo que sexa. E o certo é que Le mur des morts, así se chama a mediometraxe estreada na sección Revoluciones... Ler máis

SEFF 2022 (I): As películas de outras

Los hijos de otros (Rebecca Zlotowski, 2022) O Festival de Sevilla arrincou a súa decimo novena edición proxectando Los hijos de otros (Les enfants des autres), a quinta longametraxe da parisiense Rebecca Zlotowski. Máis aló da súa precisa elección como película inaugural, o novo traballo da directora de Une fille facile (2019) evidencia as limitacións de certo cine académico para dar auténtico relevo aos seus personaxes, alí onde todo aparece medido para representar... Ler máis