CANNES 2018 EP. 12: MERECIDÍSIMA PALMA AOS SHOPLIFTERS DE KORE-EDA

Ao final a Palma foi para Shoplifters (Hirokazu Kore-eda, 2018). Alegrámonos moito porque era das nosas películas preferidas dunha edición de Cannes que deu moita calidade. Trata o tema de sempre, a familia, mais faino cunha sensibilidade que só se compara cos mellores traballos da súa obra, como Caminando (2008). Por fin ten a Palma, ben a merecía. A gran sorpresa da noite foi escoitar a Cate Blanchett dicir que ían entregar unha Palma de Ouro especial e, dende ese momento,... Ler máis

O MELLOR DE 2015

Presentamos a continuación a nosa listaxe do mellor do ano 2015, obtida das votacións dos nosos colaboradores. As películas que aparecen en primeira posición puntúan dez puntos e van baixando ata un na décima posición. Hai colaboradores que preferiron non establecer orde de preferencia. Nese caso, outórganse cinco puntos a cada filme. No caso de As Mil e Uma Noites de Miguel Gomes, houbo quen preferiu especificar que parte das tres votaba, mais decidimos por motivos prácticos... Ler máis