A carón dos mortos: Un posible achegamento a Arima

Todas as personaxes de Arima (Jaione Camborda, 2019) andan á procura de algo.  Camborda amósanos a faciana dunha vila pequena preto da montaña; os tellados, o ambiente húmido. Un berro racha coa melodía da escena: “Olivia!”. Unha nai, Elena, chama pola súa filla, que se perdeu. É Julia quen dá con Olivia, e xuntas agardan a que chegue a nai. Julia andaba a vagar pola vila e, despois do encontro, continúa o seu camiño ata que decide entrar nunha casa abandonada.... Ler máis