CANNES 2018 EP. 8: CHEWBACCA VISTE DE GALA NUNHA BOA XORNADA PARA O CINEMA DE XÉNERO

Erguémonos esta mañá cunha boa dose de cinema de xénero da man de David Robert Mitchell, o autor de It Follows (2014), que presentou na Croisette Under the Silver Lake (2018). Filme de claro aire cool e coa vontade de sorprender, preséntanos un mozo obsesionado coa cultura pop que vive nun bloque de apartamentos en Los Angeles e que semella pasar os seus días inmerso nas distintas doses desa cultura que consume ávido e espiando ás veciñas cuns prismáticos dende a súa... Ler máis