CURTOCIRCUÍTO 2018: O MAPA E O TERRITORIO

Trees down here (Ben Rivers, 2018) Existen planos que definen o espírito da película á que pertencen. Outros que son capaces de facelo tamén coa sección do festival que os acolle. Nesta ocasión, o momento clave pertence a un fragmento de Trees Down Here (2018) de Ben Rivers, estudo dos cambios que supuxo para a vida do Churchill College pasar do illamento dos seus edificios brutalistas á integración entre o construído e a súa contorna natural, froito da recente reforma... Ler máis

CURTOCIRCUITO 2017: VER ONDE NINGUÉN VE

A programación da 14 edición de Curtocircuíto prestaba especial atención a todo aquilo que xiraba arredor do son. Precisamente, con este mesmo nome, o festival agrupaba diferentes sesións e actividades que tiñan o son como eixo central. “O cine non é visible e audible, senón que algo sucede no medio de ámbolos dous sentidos. Se as imaxes se proxectan sobre a pantalla, o son é o modo que ten o cinema de proxectarse sobre nós”, di Xoán-Xil López no texto do catálogo... Ler máis