SEFF 2017: LAS NUEVAS OLAS (1)

O cine francés máis refrescante do ano adoita atopar o seu espazo nas Nuevas Olas do Festival de Cine Europeo de Sevilla. Este ano tiña bos representantes: 9 doigts (9 dedos, F.J. Ossang, 2017), Les garçons sauvages (The Wild Boys, Bertrand Mandico, 2017) e Ava (Léa Mysius, 2017). Comenzaremos polas dúas primeiras porque se compararon moito no festival. Ambas as dúas están filmadas en branco e preto cun estilo máis ou menos similar, as dúas contan parte da súa historia... Ler máis

CURTOCIRCUITO 2017: VER ONDE NINGUÉN VE

A programación da 14 edición de Curtocircuíto prestaba especial atención a todo aquilo que xiraba arredor do son. Precisamente, con este mesmo nome, o festival agrupaba diferentes sesións e actividades que tiñan o son como eixo central. “O cine non é visible e audible, senón que algo sucede no medio de ámbolos dous sentidos. Se as imaxes se proxectan sobre a pantalla, o son é o modo que ten o cinema de proxectarse sobre nós”, di Xoán-Xil López no texto do catálogo... Ler máis