PEDRO COSTA: “UNHA DAS COUSAS QUE DESCUBRÍN É QUE ME SINTO MÁIS CÓMODO FILMANDO INTERIORES”

Fotografía: Óscar Orengo A primeira sensación que teño ao ver a Pedro Costa (Lisboa, 1959) tomando un café e mirando os libros de NUMAX é a de estar a piques de entrevistar a unha persoa pouco faladora, tímida. Recén chegado da preestrea do Cavalo Dinheiro en Madrid, entendo o cansancio e mentalízome para realizar todas as preguntas que traio anotadas. Entramos na sala e sentamos nas butacas da cuarta fila. Doce minutos despois de presionar o REC doume conta de que a... Ler máis

CAVALO DINHEIRO, de Pedro Costa

A primeira vez que vin Juventude em Marcha (Pedro Costa, 2006) non me decatei de que había un flash-back ao pasado de Ventura como obreiro da construción no Portugal da Revolução dos Cravos. Estaba demasiado prendado da súa presenza, da música dos Tubarões, e sobre todo do xeito no que as Fontainhas mutaran en Casal da Boba como para reparar na dislocación temporal que propuña Pedro Costa. Algo debín sospeitar, iso si, cando vin que Lento morría non unha, senón dúas... Ler máis