O mellor de 2022

Un ano máis, dende A Cuarta Parede optamos por eludir as tradicionais listaxes e organizacións categóricas co máis destacado da tempada, que inevitablemente reducen a experiencia cultural a unha simple clasificación (cando non competición) de obras e autores. Por divertido e útil que poida resultar este exercicio, na revista decidimos consolidar o noso particular resumo anual, no que convidamos ás nosas colaboradoras a compartir todo aquilo que fixo destes doce meses algo... Ler máis

SEFF 2022 (III): Lav Diaz, Plan 75 e Aftersun

When the Waves are Gone (Lav Diaz, 2022) Un Lav Diaz en forma sempre resulta estimulante. When the Waves are Gone (2022), presentada no pasado Festival de Sevilla, seguramente sexa a súa mellor película en anos. Con ese particular branco e negro granulado, o filipino xoga cos tópicos do xénero noir para destruílo. O mellor detective de Manila está tan ocupado co traballo que a súa muller acaba por buscarse outro home, ante o que non reacciona con demasiada temperanza. Agredindo... Ler máis