BEFORE MIDNIGHT, de Richard Linklater

As regras mudaron. Julie Delpy, Ethan Hawke e Richard Linklater retoman unha vez máis os personaxes que levan xa un par de décadas desenvolvendo, mais desta volta o romanticismo das dúas primeiras entregas da saga deixa paso a un ton máis agre, onde xa non hai sedución senón discusión. Aos seus corenta anos, Jesse e Céline convertéronse definitivamente nunha parella estábel: na primeira escena do filme, un plano secuencia virtuoso revélanos que estes dous personaxes... Ler máis