ANDREA JAURRIETA: “TÓDOLOS MEUS FILMES TRATAN SOBRE A FUXIDA”

Andrea Jaurrieta (Iruñea, 1986) vén de estrear a súa primeira longametraxe, Ana de día. Este filme, protagonizado por Ingrid García-Jonsson, conta a historia dunha moza que un día descobre que ten unha dobre idéntica a ela que está a vivir a súa vida, ocupando o seu lugar. En troques de facer algo respecto diso, o personaxe aproveita para fuxir e espremer a súa liberdade. Jaurrieta estudou dirección cinematográfica na ESCAC e arte dramática no Laboratorio William... Ler máis

ANOTHER EARTH, de Mike Cahill

O MEU EU EN FUNCIÓN DO OUTRO · O Eu, tema fundamental da reflexión humana que nos levou desde hai séculos a pensar e repensar unha e outra vez na nosa forma de estar no mundo, de constituírnos como suxeitos e de enfrontarnos a aquilo que é similar a nós, pero que non se corresponde ao noso eu: o outro. Este eu fronte ao outro é o tema central de Another Earth, un filme de ciencia ficción que basicamente establece unha premisa fantástica que lle serve como contexto... Ler máis