CANNES DÍA 5: AS FRONTEIRAS DO XÉNERO

Tiña que chegar, moita sorte tiveramos ata agora. O sistema de castas cannois deixounos sen ver os últimos traballos de Andrea Arnold e Jim Jarmusch, así que, queridas lectoras, hoxe a crónica vai ser curta, e non haberá comentarios da oficial. Agardamos poder recuperar estes filmes noutros pases, antes do termo do festival. Fóra de competición, o punto cómico púxoo The Nice Guys (Shane Black, 2016), un filme na liña das deconstrucións autoconscientes e paródicas... Ler máis