そして父になる (LIKE FATHER, LIKE SON), de Hirokazu Kore-eda

Até 2013, Hirokazu Kore-eda viviu á marxe do gran público xaponés. O seu cinema moveuse na fronteira, nos circuítos alternativos e, sobre todo, en Occidente e nos seus máis prestixiosos festivais cinematográficos. Se facemos unha breve revisión dos datos que os seus últimos filmes lograron en Xapón, descubrimos con asombro que as cifras son irrisorias: 歩いても 歩いても (Still Walking, 2008) obtivo 167.047 dólares, 空気人形 (Air Doll, 2009) 847.373, 奇跡... Ler máis