BLUE JASMINE, de Woody Allen

ALLEN 2.0 É habitual escoitarlle dicir a Woody Allen que non gusta dos seus filmes, e que dirixe de maneira despreocupada, optando sempre pola posta en escena máis preguiceira. Hai un pouco de verdade e outro tanto de mentira nestas afirmacións. Isto vense confirmando nos últimos anos da súa carreira dun xeito moi evidente. Por unha banda, debemos precisar que o autor neoiorquino, máis que aborrecer as súas películas, quere melloralas. Os exemplos son diversos, ás veces... Ler máis

TRUE GRIT, de Joel & Ethan Coen

PISTOLAS ENFUNDADAS ·  “Disfrazada de clasicismo, a súa pescuda xa non é ostentosa e a tensión circula agora polo interior do relato”1. Son as palabras de Carlos Reviriego describindo o cambio de estilo de Paul Thomas Anderson en There Will Be Blood (2007), filme de suma importancia para entender un fenómeno que se está a dar nunha xeración de autores norteamericanos que notan como a súa achega posmoderna torna caduca e volven a súa ollada a modelos máis clásicos... Ler máis