BOYHOOD, de Richard Linklater

Entre o comercial e o autoral, o cineasta norteamericano Richard Linklater leva case tres décadas compartindo co espectador o seu concepto sobre a sétima arte. Se internacionalmente o seu recoñecemento chegaría en 1991 con Slacker (1991) –unha película experimental na que retrataba 24 horas na vida de varios personaxes da paisaxe urbanística de Austin–, para quen estas liñas escribe o seu primeiro encontro co director produciuse catro años máis tarde con Before Sunrise... Ler máis

FID MARSEILLE 2014: MIS EN SCÈNE

Este artigo é a continuación doutra crónica que publicamos hai uns días, separada debido á súa extensión, e que podes consultar aquí. OBSERVAR: O TRAZO DA CÁMARA As institucións psiquiátricas son un obxecto de estudo común na historia do cinema. Aí temos as totémicas Titicut Follies (Frederick Wiseman, 1967) ou San Clemente (Raymond Depardon & Sophie Ristelhueber, 1982) que, aínda a día de hoxe, semellan marcar dende discursos distintos mais complementarios,... Ler máis

BLUE JASMINE, de Woody Allen

ALLEN 2.0 É habitual escoitarlle dicir a Woody Allen que non gusta dos seus filmes, e que dirixe de maneira despreocupada, optando sempre pola posta en escena máis preguiceira. Hai un pouco de verdade e outro tanto de mentira nestas afirmacións. Isto vense confirmando nos últimos anos da súa carreira dun xeito moi evidente. Por unha banda, debemos precisar que o autor neoiorquino, máis que aborrecer as súas películas, quere melloralas. Os exemplos son diversos, ás veces... Ler máis