CURTAS 2016: POLÍTICAS DE REPRESENTACIÓN

‘From the Diary of a Wedding Photographer’, premio principal en Curtas 2016. Como cada ano, o Curtas Vila do Conde estreou en Portugal unha variada selección de filmes de baixa duración, que recollen todas as tendencias do cinema contemporáneo máis audaz. Ante tal reto, construír unha competencia internacional diversa e coherente non é unha tarefa sinxela, pero unha vez máis, lográrono. E fixérono ao redor dunha pregunta que parecía ficar suspendida en todas... Ler máis

BOYHOOD, de Richard Linklater

Entre o comercial e o autoral, o cineasta norteamericano Richard Linklater leva case tres décadas compartindo co espectador o seu concepto sobre a sétima arte. Se internacionalmente o seu recoñecemento chegaría en 1991 con Slacker (1991) –unha película experimental na que retrataba 24 horas na vida de varios personaxes da paisaxe urbanística de Austin–, para quen estas liñas escribe o seu primeiro encontro co director produciuse catro años máis tarde con Before Sunrise... Ler máis