O mellor de 2021

Seguindo o espírito aberto no 2020, e fuxindo dun mero resumo do realizado no 2021, A Cuarta Parede volve preguntar ás súas colaboradoras polo repaso do ano. Un repaso libre, onde cinema e vida forman parte do mesmo: porque non entendemos a vida sen cinema, e porque hai máis vida alén do cinema. Onde unha viaxe, un libro, un filme ou unha canción ocupan o mesmo lugar. Porque as cousas están suficientemente mal como para poñernos exquisitos. En A Cuarta Parede apostamos... Ler máis

Novos Cinemas 2020: Sección Oficial

l n’ y aura plus de nuit, de Eléonore Weber © Perspectivefilms O Festival Novos Cinemas de Pontevedra volveu demostrar coa súa quinta edición porque segue sendo unha das nosas citas imprescindibles. Se o ano pasado defendíamos a importancia dos festivais pequenos ante o modelo (moitas veces fagocitario) dos grandes eventos, nesta ocasión volvemos sacar o chapeu ante a resiliencia amosada por un festival que, nun ano como o que vimos de pechar, foi quen de celebrarse... Ler máis