Un pequeño mundo, de Laura  Wandel

Un pequeño mundo, de Laura Wandel © Avalon Resulta complicado dicir algo sobre unha película que fala tan ben por si soa. Que berra tanto de forma tan silenciosa, enquistándose a lume nas veas e facéndonos arder por dentro. Vólvese case innecesario dicir nada sobre ela por medo a estragala ou ferir a súa naturalidade. Non é unha película que poidamos pensar. Non nos dá tempo. É un torrente de incerteza e medos. Todo é mentira comparado cunha soa secuencia da inmensa... Ler máis

CURTAS 2018: PAIXÓNS ADOLESCENTES E AMORES FUGACES

Mergullarse cada ano na competición nacional de Vila do Conde, acompañada de sesións paralelas de cinema luso – cunha delas dende hai un tempo producida co apoio do festival – permite tomarlle o pulso a unha cinematografía que, coa rica herdanza de António Reis, Margarida Cordeiro, Pedro Costa ou Paulo Rocha – por citar só uns poucos evocados en 2018 – e cunha capacidade inmensa de producir novo talento, preséntase como unha das máis relevantes do mundo no que... Ler máis