FOGUEO, de David Sainz
“As películas non son estúpidas. Énchennos de romance e furia e fantasías de vinganza. Lethal Weapon ensinounos que o suicidio é divertido. E antes de Lethal Weapon 2 nunca pensara que podería haber unha bomba no meu retrete e agora comproboo sempre!” Homer Simpson, (‘Beyond Blunderdome’, Episodio 227 de The Simpsons) Pode semellar que comezar cunha cita de Homer Simpson é algo sacado da manga que tan só ten sentido para min. Mais Fogueo (David Sainz, 2017) bebe... Ler máis
THE ASSASSIN, de Hou Hsiao-Hsien
Hou Hsiao-hsien volve ao cinema oito anos despois da súa anterior longametraxe. Atendendo á produción do director nestes derradeiros quince anos atopamos puntos de contacto cos filmes anteriores, xa que A asasina (2015) recupera a ambición formal de dúas obras tan pretenciosas como Millennium Mambo (2001) e Tempos de amor, xuventude e liberdade (2005), supón unha homenaxe a unha cinematografía (en principio) allea á súa pero de grande influencia no seu estilo como antes... Ler máis
VIVE, MORRE, REPITE: DE COMO ‘EDGE OF TOMORROW’ EMPREGA O TEMPO DO VIDEOXOGO
Cando se estreou Edge of Tomorrow (Doug Liman, 2014) pasaron dúas cousas: primeiro, que nos pillou a todos (crítica, público e academia) desprevidos; segundo, que foi sinalado como o primeiro filme que adaptaba con éxito as formas do videoxogo. A revista Wired referiuse a este traballo como “o mellor videoxogo que non podes xogar” e en The Atlantic o catalogaron como “un videoxogo cun único save point”. Ninguén semellaba dubidalo: era o resultado dunha tormenta... Ler máis