ELLE, de Paul Verhoeven

Elle (Paul Verhoeven, 2016) A imaxe coa que o autor neerlandés Paul Verhoeven abre a súa última película (ata o momento), Elle, resulta bastante significativa en canto ao que este nos quere contar e como desexa facelo. Tralo fundido a negro dos títulos de crédito vemos, sen solución de continuidade, os momentos finais dunha violación e, posteriormente, trala fuxida do agresor, a reacción da vítima que, sorprendentemente tranquila, recompón as súas roupas e fai limpeza... Ler máis

VIVE, MORRE, REPITE: DE COMO ‘EDGE OF TOMORROW’ EMPREGA O TEMPO DO VIDEOXOGO

Cando se estreou Edge of Tomorrow (Doug Liman, 2014) pasaron dúas cousas: primeiro, que nos pillou a todos (crítica, público e academia) desprevidos; segundo, que foi sinalado como o primeiro filme que adaptaba con éxito as formas do videoxogo. A revista Wired referiuse a este traballo como “o mellor videoxogo que non podes xogar” e en The Atlantic o catalogaron como “un videoxogo cun único save point”. Ninguén semellaba dubidalo: era o resultado dunha tormenta... Ler máis