THE ASSASSIN, de Hou Hsiao-Hsien

Hou Hsiao-hsien volve ao cinema oito anos despois da súa anterior longametraxe. Atendendo á produción do director nestes derradeiros quince anos atopamos puntos de contacto cos filmes anteriores, xa que A asasina (2015) recupera a ambición formal de dúas obras tan pretenciosas como Millennium Mambo (2001) e Tempos de amor, xuventude e liberdade (2005), supón unha homenaxe a unha cinematografía (en principio) allea á súa pero de grande influencia no seu estilo como antes... Ler máis

MUROS INVISÍBEIS / TRAUMAS INDIVIDUALMENTE COLECTIVOS NO CINEMA DE HIROKAZU KORE-EDA

Disque a vida está construída de tal xeito que ninguén pode vivila só. Por iso, non abonda con que as flores teñan pistilos e estames. Precisan que un insecto ou o vento leve o pole dun estame até o pistilo. A vida contén a súa propia ausencia, o seu propio baleiro, que só pode encher o outro. O mundo é a suma dos demais. Con todo, non sabemos, e tampouco nos contan que remataremos por completarnos. Seguimos coa nosa vida solitaria, ignorando aos demais con indiferenza. Ás... Ler máis