STEFANO SAVONA: “VOLVO A ATOPARME NA SITUACIÓN DE PREGUNTARME COMO CONTAR A DOR”

Stefano Savona (Sicilia, 1969) estrea nas salas de cinema La Familia Samuni (2018). A súa crónica íntima da guerra en Gaza, que xa iniciara con Cast Lead (2009), culmina con este último filme: un relato de resistencia e esperanza co seu rostro máis humano. Falamos con el en plena rodaxe da súa seguinte obra. Gustaríame comezar polo principio, preguntándoche polos protagonistas. Por que escolles a esta familia e as súas historias? Creo que a resposta máis sinxela é... Ler máis

LA FAMILIA SAMUNI, de Stefano Savona

Se vivir na devastación é minimamente reproducible mediante o cinema, La familia Samuni achéganos á experiencia coa alquimia do real, a animación e as recreacións de gravacións con drone dos ataques militares. Insensibilizados polo anonimato das imaxes que se adoitamos ver nos medios de comunicación sobre o conflito palestino-israelí, desprendidos da realidade e regados de cascallos, durante o visionado do filme relacionámonos coas vítimas da familia Samuni. Convivimos... Ler máis

LE FILS DE L’AUTRE, de Lorraine Lèvy

23 de xaneiro de 1991. Unha data que marcará para sempre as vidas das familias protagonistas desta historia. Dúas familias separadas por unha fronteira case infranqueable, mais unidas por un vínculo moito máis forte. Joseph (Jules Sitruk) é xudeu e quere ser músico, Yacine (Mehdi Dehbi) é musulmán e soña con estudar medicina e construír un hospital na súa terra natal. Lorraine Lèvy pon de relevo o conflito palestino-israelí a través da historia de dous rapaces nados... Ler máis