USA-BABILONIA

“Nada ten tanto éxito coma o exceso“. Unha frase de Oscar Wilde, escritor máis prolífico polas súas declaracións que pola súa obra literaria. Wilde era en si mesmo un tipo en grao sumo excesivo e comprendeu que nunha sociedade reprimida como a vitoriana a tentación de abandono que supón un comportamento desinhibido tiña un atractivo ao que era difícil resistirse. Mesmo hoxe en día, cando as represións son menos obvias, non hai mellor forma de atraer a... Ler máis

BELEZA, VINGANZA E REDENCIÓN. O CINEMA DE PARK CHAN-WOOK

Con apenas unha manchea de filmes, Park Chan-wook (Seúl, 1963) espertou o interese de occidente hai máis dunha década cando gañou con Oldboy (올드보이, Park Chan-wook, 2003) o Gran Premio do Xurado do Festival de Cannes 2004, revelando así algo que xa era sabido no circuíto cinéfilo dende algúns anos atrás: que o cinema coreano supón un amplo territorio de creatividade e mesmo un melindre para a gran pantalla que debería terse moi en conta, sobre todo tendo autores... Ler máis