RETRATOS DE JOY DIVISION

1979, Londres. O aínda xoven Anton Corbijn, apaixoado da música dende neno, trasládase á capital inglesa na busca da banda Joy Division. Alí comeza a traballar como fotógrafo para a revista NME. Unha vez entra en contacto co grupo post-punk, o holandés dará comezo a un corpus artístico que abarcará fotografía, videos musicais e cinema. Influenciado polo expresionismo alemán, o artista holandés é coñecido polas súas imaxes analóxicas en branco e negro que lle permiten... Ler máis

LES SALAUDS, de Claire Denis

Se algo caracteriza os filmes de Claire Denis é a edición elíptica mailas verbas non ditas, esixindo así un espectador activo e permisivo. Formada xunto a directores do talle de Wim Wenders, a autora francesa constrúe ocos narrativos de xeito voluntario gracias a un escaso diálogo e a imaxes paralelas que bosquexan pouco a pouco a trama. Os saltos temporais fan deste un cine no que costa entrar e no que se require unha actitude atenta e disposta. Les salauds comeza cun... Ler máis