Dhogs, de Andrés Goteira
Din que unha xeración dura quince anos, pero canto dura unha xeración cinematográfica? Moitas veces, desde a crítica e a academia, trátase de poñer etiquetas a todo o que vemos, especialmente se iso que vemos é algo que escapa do cotián. Así, xorde con Dhogs, e con outros filmes coetáneos, a tentación de outorgarlle un nome a estes creadores ao igual que se fixo coa xeración do Novo Cinema Galego. Mais, acaso hai un cambio de xeración? Se ben é innegable que o NCG... Ler máis