CANNES 2016: GRIS PALMARÉS DUNHA ERA XURÁSICA

A última xornada do festival de Cannes estivo marcada pola recuperación dos filmes de sección oficial en varias salas do Palais, e dende logo, pola gala de clausura na que se deu a coñecer o palmarés. Antes de entrar nel, repetir iso de que a elección dos galardoados é sempre a decisión persoal dunhas poucas persoas, e non ter por que coincidir coas tendencias que se intúan nas críticas lidas e escoitadas estes días pasados da man dos profesionais que asistimos a este... Ler máis

CANNES DÍA 11: A VOLTA DO VERHOEVEN MÁIS PERVERSO

Hai quen di que O libro negro (2006) supuxo o aburguesamento de Paul Verhoeven logo de 30 anos en Holanda e Hollywood facendo filmes claramente controvertidos e desprexuízados, por momentos considerados mesmo fascistas, coma o caso de Starship Troopers (1997), ou frívolos, como a agora película de culto Showgirls (1995). A filmografía deste director sempre tivo a mesma preocupación, estudar a condición humana no que se refire aos nosos instintos máis básicos, como a posesión... Ler máis