UNHA CRÓNICA DE 240 DÍAS EN COLOMBIA: DO NQS DE BOGOTÁ AO FICCI DE CARTAXENA DE INDIAS

Europa, ao meu ver, é como aquel ancián que xa pasou por todas as súas fases vitais, e agora, mirándose fixamente a uns ollos azul cobalto no espello do seu baño ben iluminado de mármore cor marfil, reflexiona de forma cómoda e fría sobre todo o que fixo. Sen xulgarse e sen arrepentirse de nada, ata chegar a xustificarse silenciosamente. Ese ancián comprensivo, sabio, gran demagogo, de corpo vigorosamente erguido e mente docemente maquiavélica, é verdadeiramente o Mefistófeles... Ler máis

AS POLÍTICAS DO PERSOAL, AS POLÍTICAS DOS ‘OUTROS’

A sétima edición de Punto de Vista confirmou a este festival como unha das citas peninsulares máis relevantes do calendario cinéfilo. O equipo dirixido por Josetxo Cerdán soubo atopar ao seu público, e ano tras ano adícase a mimalo cunha sección oficial anovadora e unhas retrospectivas que cumpren a dobre función de difundir ‘clásicos invisíbeis’ e poñelos en relación cos seus paralelos temáticos. Iruña reúne durante o festival á comunidade de cineastas, investigadores... Ler máis