F.J. OSSANG: ZONAS DE CHOQUE

Entrevistado no Festival de Cine Europeo de Sevilla, onde presentaba o seu novo filme, 9 doigts (2017), F.J. Ossang evoca neste encontro a súa relación coa escritura, o cine mudo e mesmo cos xéneros cinematográficos. Gustaríame comezar por describir o estilo da súa obra. Dise a miúdo que fai filmes crepusculares, case apocalípticos. Si, na medida en que sempre hai este dobre aspecto no Apocalipse. Tamén é o momento en que un misterio se revela. Digamos que se produce... Ler máis

DEBATE SOBRE DISTRIBUCIÓN (2/2)

Vén de aquí. __________ ¿Tódolos mercados funcionan para tódolos filmes? DIEGO RODRÍGUEZ (MÁRGENES) –  Para o escaneo latinoamericano, nós temos unha serie de colaboradores que exercen de antenas repartidas por tódolos espazos onde Márgenes ten sede oficial do seu certame anual, Montevideo, Bogotá, Bos Aires, México DC e Santiago de Chile. Para os filmes españois acudimos aos festivais nacionais máis importantes. Outra fonte da que nos nutrimos ten que ver... Ler máis

DEBATE SOBRE DISTRIBUCIÓN (1/2)

O mercado da distribución, coma o da produción e a exhibición, está a cambiar moito cos adiantos tecnolóxicos da proxección dixital en DCP e vai unido moi estreitamente á aparición de salas, que programan fóra das grandes superficies propostas independentes e en versión orixinal. As novas distribuidoras de cinema independente que tamén viñeron aparecendo nos últimos tempos chegan para fornecer de contido a esas salas, nun sector moi precarizado, mais no que parecen... Ler máis