O MELLOR DE 2012

De limusinas e outras bestas Os mellores filmes de 2012 son, coma case sempre, os que iremos vendo ao longo deste novo ano: moitos veñen de chegar ás salas comerciais, algún aínda resiste nelas logo de varios meses e a gran maioría aínda está por descubrir, xa sexa a través da rede, dos festivais, das filmotecas ou directamente no mercado de DVD. Malia que non todos acadaron a máxima puntuación á que poderían chegar por falta de visibilidade, a nosa listaxe comeza... Ler máis

CESARE DEVE MORIRE, de Paolo e Vittorio Taviani

A FORMA DEVORADA POLA FÓRMULA Os presos da cadea de Rebibbia son tan bos actores que ben merecen este filme. Un deles, Salvatore Striano, o intérprete de Bruto nesta versión carcelaria de Xulio César, láiase nunha escena dos seus atrancos cun parlamento: “se presento mal esta liña, terei problemas”, reflexiona. “Entendo o que Shakespeare trata de dicir, mais como llo podo transmitir ao público?”. A súa preocupación revela unha das claves de Cesare deve morire,... Ler máis