A GALERÍA NO PAPEL. RESEÑA DE ‘LABORATÓRIO CINEMÁTICO. SOLAR, 10 ANOS’

Un libro, un obxecto, unha lembranza. A publicación Laboratório Cinemático. Solar, 10 Anos (Nuno Rodrigues & Daniel Ribas, eds., 2016) recolle un feixe de materiais que dan conta das actividades desenvolvidas durante a primeira década de existencia da Solar – Galería de Arte Cinemática de Vila do Conde. Este proxecto xurdiu a partir da sección ‘Work in Progress’ do festival Curtas Vila do Conde ante a necesidade de crear “un espazo de cuestionamento dos... Ler máis

PORTO/POST/DOC 2016: UN FESTIVAL SENSORIAL

Un festival de cinema é unha experiencia intensa, de moitas horas na sala e poucas na cama. Alén de provocar algunha que outra cabezada involuntaria, a falta de sono tamén axuda a potenciar toda caste de sensacións, dentro e fóra da sala. No mellor dos casos, volvémonos hipersensíbeis, percibimos cousas que antes non percibiamos: o cinema educa o noso ollar e estimula o resto dos nosos sentidos. Por iso, a idea de organizar a terceira edición do Porto/Post/Doc arredor... Ler máis