PORTO/POST/DOC 2016: UN FESTIVAL SENSORIAL

Un festival de cinema é unha experiencia intensa, de moitas horas na sala e poucas na cama. Alén de provocar algunha que outra cabezada involuntaria, a falta de sono tamén axuda a potenciar toda caste de sensacións, dentro e fóra da sala. No mellor dos casos, volvémonos hipersensíbeis, percibimos cousas que antes non percibiamos: o cinema educa o noso ollar e estimula o resto dos nosos sentidos. Por iso, a idea de organizar a terceira edición do Porto/Post/Doc arredor... Ler máis

DOC LISBOA 2016 (III / III): A SÚA PRAIA É A NOSA PRAIA

Mergullarse na competición portuguesa do último Doc Lisboa significou viaxar ao Xapón, a África ou ao Brasil sen sequera saír de Lisboa. Os títulos seleccionados deron continuidade ao impulso luso de ir á procura de novos horizontes no alén mar, ao mesmo tempo que exploraban os espazos cotiás, as casas, e mesmo os corpos dos seus compatriotas. O catálogo do festival, de novo, ofrecía un mapa co que orientarse –na páxina 63, para quen o queira ver– organizado,... Ler máis