一代宗師 (THE GRANDMASTER), de Wong Kar-wai

Kung Fu: dúas palabras, dúas posicións Un pode sentirse como un completo estranxeiro ou estraño vendo 一代宗師 (The Grandmaster, 2013) se non coñece algo de historia chinesa, o cinema de Kung Fu, a filosofía das artes marciais e quen é o tal Ip Man que sae no filme. Era algo ao que non nos tiña afeitos Wong Kar-wai, porque por riba dos elementos locais, culturais ou históricos dos seus anteriores traballos sempre estaban os sentimentos dos seus personaxes. A gran... Ler máis

QT: MASH-UP MASTER

Como convida a facer Iván Villarmea no artigo que abre esta Panorámica, sería preciso reflexionar sobre a intencionalidade e relevancia dos chamados samplers visuais. Se decidín usar o termo mash-up para referirme a Quentin Tarantino, é porque penso que o nivel de referencias en cada plano no autor de Death Proof (2007) vai alén das imaxes, para entrar ademais na montaxe sonora como elemento de crítica cinematográfica. Unha vertente cada vez máis palpable, autoconsciente... Ler máis