“A SENSACIÓN DE ESTAR ALÍ” COA “CÁMARA QUE VAI A TODAS PARTES”

Festival Internacional de Cine de Las Palmas 2016 from A Cuarta Parede on Vimeo. A luz, as nubes, o vento, a cidade, o mar. Las Palmas de Gran Canaria coa súa extraordinaria beleza acolleu do 4 ao 13 de Marzo o 16º Festival Internacional de Cine. As musas do arte, o cine, a música, o teatro, a poesía, reunidas nun mundo gobernado por cousas para celebrar, pese a todo, a vida. E por un instante o cinema morto, o das cousas, vese eclipsado por un cinema de vida, o de esas cinematografías... Ler máis

TRANSEÚNTES, de Luis Aller

A aparición na carteleira dunha película que leva 20 anos na súa elaboración sempre é unha boa noticia, máis aínda se provén dun director e unha equipa que demostran unha filiación cinéfila que traspasa a contorna da sala para chegar ás aulas, os seminarios e outros ámbitos de formación. Cómpre recordar aquí que o valente proxecto levado a cabo pola produtora El dedo en el Ojo nútrese principalmente de profesionais que traballan na escola de cine Bande à part,... Ler máis