MANAKAMANA, de Stephanie Spray & Pacho Vélez

O templo de Manakamana, situado no distrito nepalí de Gorkha, no cume dunha montaña, está adicado á deusa hindú Bhagwati. Dende o século XVII existe a tradición de realizar unha peregrinación para que Bhagwati conceda os desexos das persoas que acoden aló (mana significa corazón e kamana desexo), unha tradición que pode incluír sacrificios animais de aves ou cabras. Até o cambio de século, o único xeito de acceder ao templo era un longo camiño que trepaba pola... Ler máis

COSTA DA MORTE, de Lois Patiño

Un inmenso bosque que se ergue na brétema. O cruxir das árbores que caen e baten os seus pesados troncos contra o chan. O son dunha serra de fondo. Así comeza Lois Patiño o seu filme, Costa da Morte (2013), adentrándonos na paisaxe máis profunda da Galiza, unha paisaxe na que o home se tenta abrir camiño, unha natureza á que se aferra e coa que tamén pelexa, na que vive e da que tamén subsiste. É que foi o capricho das ondas do mar o que achegou o barco ateigado de... Ler máis