Wes Anderson: a depuración dun estilo

Moonrise Kingdom (2012) Dende neno, Wes Anderson (Houston, 1969) sempre estivo interesado no mundo do celuloide, e incluso actuou en pequenas obras de teatro na escola. Estudou filosofía na Universidade de Texas, onde coincidiu co actor Owen Wilson, co cal formaría unha sorte de comuñón artística que empuxaría as súas primeiras obras para posteriormente acompañalo na maior parte da súa filmografía. Xunto a el, acadou o primeiro dos seus tres nomeamentos aos Premios Óscar... Ler máis

ISLE OF DOGS, de Wes Anderson

Isle of Dogs (2018) móstranos unha historia moito máis crúa na imaxe e no argumento do que é habitual en Wes Anderson, sobre todo se a comparamos coa estética pulcra e de conto da súa primeira película de animación, Fantastic Mr. Fox (2009), na que se atrevía por primeira vez co stop-motion. Isle of Dogs lévanos a unha distopía na que a cidade xaponesa de Megasaki se ve sobrepasada por un brote de gripe canina que ameaza con chegar á epidemia e contaxiar á poboación.... Ler máis

O MELLOR DE 2018

1. Phantom Thread (Paul Thomas Anderson, EUA / RU, 2017) – 70 puntos / 9 votos 2. 万引き家族 (Shoplifters, Hirokazu Koreeda, Xapón, 2018) – 39 / 7 3. Le livre d’images (Jean-Luc Godard, Suíza / Francia, 2018) – 32 / 4 4. First Reformed (Paul Shrader, EUA / RU / Australia, 2017) – 30 / 5 5. 버닝 (Burning, Lee Chang-Dong, Corea do Sur, 2018) – 29 / 4 6. Three Billboards Outside Ebbing, Missouri (Martin McDonagh, RU / EUA, 2017) – 26... Ler máis