SEFF 2017: SECCIÓN OFICIAL (2)

Continuamos coa nosa crónica da Sección Oficial do Festival de Cine Europeo de Sevilla, que vén de clausurar a súa décimo cuarta edición. Entre a extensa programación deste ano, que volveu a sobresaír pola súa diversidade e audacia, non puidemos pasar por alto certas liñas temáticas e conceptuais que se entrelazan ao longo de toda a selección. Comunidade e identidade Nesta segunda entrega, observamos unha preocupación especial por dar espazo a diferentes conflitos... Ler máis

INDIE LISBOA 2014: DIVERSIDADE E COHERENCIA

Lograr que máis de 200 títulos da tempada cinematográfica en curso dialoguen entre si é algo ben complicado, por non dicir imposible. Se cadra conscientes de que, ante tal magnitude, non se pode asir unha única idea ou trazar un fío condutor, os programadores da undécima edición do Indie Lisboa optaron pola diversidade. Un criterio que congregou no festival un amplo abano de tendencias, nas que se intúe un espírito común: o risco. É na exploración de novas linguaxes... Ler máis