Bette Gordon: O hábito de (des)agochar
“A exploración da sexualidade foi un factor crucial na creación da súa conciencia feminina. Pareceulle que non se pode atopar o poder ata que se teña recoñecido a falta (de poder)”. Empty Suitcases (1980) Bette Gordon, a quen pertencen as palabras que abren este artigo e que condensan unha das ideas máis poderosas da súa obra, é unha das cineastas homenaxeadas este ano no Play-Doc cun ciclo que nos permite trazar a viaxe da autora dende os seus inicios no cinema estrutural... Ler máis
GET OUT, de Jordan Peele
No último episodio do seu programa de sketches, os comediantes Keegan-Michael Key e Jordan Peele viaxan á imaxinaria Negrotown, “unha utopía para xente negra” na que non hai racismo sistémico nin explotación. Negrotown, explica un alucinado número musical technicolor, é un sitio no que se pode levar un suadoiro sen recibir balazos, os brancos non che tocan o pelo, non rouban a túa cultura nin te converten no seu amigo negro simbólico. E de aí, dous anos despois,... Ler máis