THE LIGHTHOUSE, de Robert Eggers

Ao menos unha vez ao ano, a prensa faise eco dalgunha oferta de traballo que promete estar ao cargo dunha illa, nalgún paraíso da Terra. E, ao menos unha vez ao ano, todos temos esa conversa na que imaxinamos esa paradisíaca vida, lonxe do ruído das cidades e absortos na convivencia coa natureza. Cousas do capitalismo, supoño. The Lighthouse xoga a absolutamente o contrario. Quizais por iso, por non vendernos un paraíso na Terra, a súa estrea retrasouse máis de medio... Ler máis

CAVALO DINHEIRO, de Pedro Costa

A primeira vez que vin Juventude em Marcha (Pedro Costa, 2006) non me decatei de que había un flash-back ao pasado de Ventura como obreiro da construción no Portugal da Revolução dos Cravos. Estaba demasiado prendado da súa presenza, da música dos Tubarões, e sobre todo do xeito no que as Fontainhas mutaran en Casal da Boba como para reparar na dislocación temporal que propuña Pedro Costa. Algo debín sospeitar, iso si, cando vin que Lento morría non unha, senón dúas... Ler máis