RESEÑA DE ‘CHARLES BURNETT. UN CINEASTA INCÓMODO’

Charles Burnett non che vos é ningún one-hit wonder, como proban a retrospectiva que lle adica este ano o festival Play-Doc e mais a publicación que leva emparellada: Charles Burnett. Un Cineasta Incómodo, editada por dous compañeiros desta revista, María Míguez e Víctor Paz Morandeira. Este volume, dunha banda, enche unha lagoa bibliográfica, xa que é a primeira monografía que aparece en castelán adicada a este cineasta; mentres que doutra, serve para pór aos cinéfilos... Ler máis

‘HAI UNHA GRAN DEMANDA PARA ATOPAR O SOCIO AXEITADO PARA O PROXECTO AXEITADO’. ENTREVISTA CON JO MÜHLBERGER, PRODUCERS ON THE MOVE

Press here to read the English Version Como xorden as coproducións? Onde se coñece toda esa xente-que-coñece-xente? Ninguén nace aprendido, polo que a European Film Promotion (EFP) organiza cada ano no Festival de Cannes unha xuntanza de produtores de tódolos países do continente para que compartan tempo, ideas e proxectos. Este programa chámase PRODUCERS ON THE MOVE, e nel está a xénese de filmes como Force Majeure (Ruben Östlund, 2014), a gañadora do premio do xurado... Ler máis