GUNVOR NELSON: A CINEASTA INESPERADA

Ás veces un vai a un concerto, e resulta que o ‘telonero’ convértese na estrela. Non é que toque peor que a banda principal, simplemente é menos coñecida. E, dende ese momento, non podes deixar de seguir a ese grupo, escarvas en Internet para ver que outros temas teñen. Esa foi a sensación que nos deixou a cineasta sueca Gunvor Nelson a moitos no pasado Festival de Cinema Europeo de Sevilla (SEFF). Nun certame ateigado de boas cintas de actualidade, relucía... Ler máis

SEFF 2013 (1/2): UN ARQUIPÉLAGO CONTINENTAL

Todo bo festival debe partir dun concepto sólido, e neste caso o Festival de Cinema Europeo de Sevilla fixo do xentilicio a súa bandeira. Que é daquela o cinema europeo? Ante todo, a xulgar polos títulos da sección oficial, é un arquipélago de illas que vén determinado pola colleita dos principais festivais do ano: dos dezaoito filmes en competición, oito procedían de Cannes, cinco de Venecia, dous de Berlín, un de Locarno e outro máis de Karlovy Vary, deixando marxe... Ler máis