CANNES 2018 EP. 0: OS PRELIMINARES

Comeza mañá o festival de cinema máis prestixioso do mundo e, acorde a ese estatuto, as cinéfilas xa fixemos un escrutinio feroz do que nos teñen preparado para este ano. Deixemos a un lado a polémica con Netflix e a comedia grotesca dos selfies (a este respecto, o director artístico Thierry Frémaux explicou na rolda de prensa de presentación que en Canadá dános en chamar “egofotos”, o que me resulta un nome apropiado e moi acaido para todo este debate). Mais antes... Ler máis

CANNES? QUE CANNES?

Hai anos en que boa parte dos asistentes ao Festival de Cannes acaban por preguntarse onde estaban as verdadeiras películas independentes. Pasou este. A sección oficial acapárana algúns dos autores máis reputados: Allen, Almodóvar, Malick, Von Trier. Si, mais, até que punto podemos considerar un filme de 30 millóns de dólares unha produción independente, máis cando, antes de comezar o festival, xa está vendido a todo o mundo? Non é só unha cuestión de orzamento,... Ler máis